¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares. Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Cerrar
Atención al cliente
988 51 13 26
Buscar

I Concurso de Verán Barreiros Consultores

I Concurso de Verán Barreiros Consultores
21/06/2017
admin

As Mellores Vacacións do Ano


Demostra que as túas son as mellores vacacións do 2017! Barreiros Consultores anímate a participar no I Concurso de Verán que organizamos desde a nosa axencia de seguros en Ourense. Aquí che deixamos as bases para que gañes un estupendo premio!

BASES DO CONCURSO 

1. Temática

A imaxe debe ser un fotograma das túas vacacións, sexan na praia, na piscina, na montaña ou ben na oficina, se es dos que collen as vacacións en temporada baixa. Pero que se vexa que estás disfrutando! Ademais, a foto ha de ser orixinal. É dicir, por moi chula que sea, non vale que rescates unha instantánea das túas vacacións de fin de curso en Salou no 2002. Por certo, acórdate de poñerlle un título chamativo!! 


2. Participación

O prazo para participar é do día 21 de xuño ao 31 de agosto. E o único requisito indispensable para participar é darlle un "Gústame" á nosa páxina de Facebook

Cada participante pode presentar unicamente unha soa foto


3. Envío da imaxe

Para que a túa imaxe participe no concurso só te tés que encargar de que a publiquemos na nosa páxina. Tés varias formas de enviala:

  • Por Whatsapp: 629889251
  • Por Mail: a info1@barreirosconsultores.com. Acórdate de poñer "Concurso Foto" no asunto. 
  • Por Mensaxe Privado de Facebook 


4. Gañador

A fotografía gañadora será a que conte con máis "Gústame" en Facebook . Dito isto, tócache movilizar as masas para que clicken e a enviar o enlace da foto aos teus grupos de Whatsapp. Algunhas normas

  • Pode votar calquera que teña unha conta de Facebook
  • Contabilízanse como votos positivos os "Gústame", os "Encántame" e os "Abraiame". Descartamos, xa que logo, os "Faime rir", os "Entristéceme" e os "Enóxame".


5. Premio

A entrega do premio realizarase na nosa axencia de Ourense. O premio será anunciado próximamente na nosa páxina de Facebook. 






Comentarios noticia

Nadie ha publicado todavía ningún comentario. Sé el primero en publicarlo.

Deja tu comentario